A
HISTORIA DA CÁMARA
Hoxe vouvos ensinar a historía da cámara, pero non
do noso amigo cámara, non, non. Vouvos ensinar a historia da cámara que todos
tedes na casa.
Comezamos?,
comezamos!
Unha cámara
fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa
individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura,
que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para
proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira
similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.
Os compoñentes básicos dunha cámara
son:
Obxetivo, diafragma (fotografía), obturador, película fotográfica ou no caso das dixitais un CCD ou CMOS.
Tamén pode haber outros tipos de cámara
que son:
Cámara réflex, cámara desbotable, cámara
compacta, cámara dixital e cámara estenopeica.
O primeiro fotógrafo
foi Joseph Nicéphore Niépce no
ano 1826, utilizando unha cámara feita
de madeira fabricada por Charles e
Jacques Vicent Louis Chevalier en París. Sen embargo, aínda que se considere
"oficialmente" que este foi o nacemento da fotografía, a invención da
cámara escura é coma a anterior. Pero non foi ata a invención da fotografía que
se puideron fixar permanentemente as imaxes; mentres tanto tíñanse que debuxar manualmente
as imaxes.