domingo, 28 de febrero de 2016

A historia da cámara

A HISTORIA DA CÁMARA


Hoxe vouvos  ensinar a historía da cámara, pero non do noso amigo cámara, non, non. Vouvos ensinar a historia da cámara que todos tedes na casa.
Comezamos?, comezamos!
Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.
Os compoñentes básicos dunha cámara son:
Obxetivo, diafragma (fotografía), obturador, película fotográfica ou no caso das dixitais un CCD ou CMOS.
Tamén pode haber outros tipos de cámara que son:
Cámara réflex, cámara desbotable, cámara compacta, cámara dixital e cámara estenopeica.
O primeiro fotógrafo foi Joseph Nicéphore Niépce no ano 1826, utilizando unha cámara feita de madeira fabricada por Charles e Jacques Vicent Louis Chevalier en París. Sen embargo, aínda que se considere "oficialmente" que este foi o nacemento da fotografía, a invención da cámara escura é coma a anterior. Pero non foi ata a invención da fotografía que se puideron fixar permanentemente as imaxes; mentres tanto tíñanse que debuxar manualmente as imaxes.






No hay comentarios:

Publicar un comentario