jueves, 25 de febrero de 2016

BENVIDOS AO MEU BLOG


Ola chámome Paula:
Se leedes isto significa que é a primeira publicación
do meu blog. O meu blog chámase (como xa vedes arriba) “Cámara e carrete”.Meu blog vai de fotografías e vídeos por que a min gústame moito a fotografía e o vídeo. Pero neste blog non vou escribir soa. Nalgunhas publicacións van aparecer dous personaxes que van ser moi graciosos. Como xa di o seu nome Cámara, o personaxe deste blog, é o que filma os vídeos; van ser moi interesantes.
Agora mesmo Cámara está no outro lado do mundo facendo moitos vídeos que ides ver pronto.
Pero aquí falta un personaxe. É Carrete. Carrete (como xa di o seu nome) saíu dunha cámara (de fotos) pero non da súa compañeira, saíu dunha cámara alemá, si alemá. Foi por culpa dun turista (que por certo é o dono desa cámara), ía pola rúa sacando fotos (coma calquer turista) e caeulle, e perdeu o Carrete. Ese saíu correndo e encontrouse con Cámara e empezaron a vivir xuntos. 
E esta é a miña primeira publicación. Espero que vos gustara moito o que acabo de escribir. Tamén podedes poñer abaixo algún comentario, e se queredes dicir algún sitio (que exista, se pode ser) onde Cámara e Carrete vaian  sacar fotos ou filmar un vídeo.

Grazas por ler a miña publicación.

BIQUIÑOS!!













10 comentarios:

  1. Ola Pauli. Gústame moito o teu blog. A escribir moito e a sacar boas fotos e vídeos cos teus amigos.
    Aquí tes una seguidora!!!
    Bicos de Oli!!!

    ResponderEliminar
  2. Ola Pauli. Gústame moito o teu blog. A escribir moito e a sacar boas fotos e vídeos cos teus amigos.
    Aquí tes una seguidora!!!
    Bicos de Oli!!!

    ResponderEliminar
  3. Vale, pero que agora me escriba Miguel en galego ����

    ResponderEliminar
  4. Pauli. son a túa madriña. Vaia blog molón que tes! Mira que traballadoriña. Pois, eu pido fotos dalgún animaliño. Poden ser os teus.
    Agora escribe a avoa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tamén o podo facer da praia de Pantín.

      PD: Á avoa non lle ía, non lle deixaba escribir.
      Chao

      Eliminar
    2. Estamos dacordo. Pantín forever

      Eliminar
  5. Óla Paula. Gústame moito o teu blog, sobre todo, carrete. É moi divertido e podes ensinarnos moitas aventuras. Pero, carrete sen cámara non podeía facer nada. Ou sexa que fan un bo conxunto.
    Podes quitar fotos da fervenza.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Paula esta moy ben o teu blog agora a trabajar.Biquiños😚

    ResponderEliminar
  7. Paula esta moy ben o teu blog agora a trabajar.Biquiños😚

    ResponderEliminar
  8. Ok, a seguinte publicación da praia de pantín.
    Ao mellor hai un video.
    Chao

    ResponderEliminar